Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Ribadeo esixe o comezo das obras no barrio da Pega e a estrada do Faro

O equipo municipal esixe o comezo das obras e non esperar a que as eleccións cheguen

Ribadeo, 29 de setembro de 2022. O grupo municipal do PP en Ribadeo denuncia unha falta de xestión e planificación en Ribadeo e demanda ao goberno do BNG que comecen coas obras previstas e que os veciños agardan desde fai moito tempo. A vicevoceira popular, Elena Sierra explica: “El barrio de la Pega, la carretera del Faro donde anunciaron a golpe de bombo y platillo la novedad del carril bici…y a día de hoy está todo sin hacerse y sin arreglar. Basta ya.”

Para os populares o discurso é sempre o mesmo: “Se va arreglar, hay problemas con los presupuestos, los precios se incrementaron…excusas de un gobierno que no sabe qué hacer ni cómo gestionar”.

Elena Sierra insta ao goberno a que empecen a xestionar e facer unha planficación das obras e melloras que prometeron porque “nosotros no queremos ser mal pensados pero parece una estrategia para retrasar las obras hasta que se acerquen las elecciones, algo muy típico de este gobierno.” Ademais, a popular trasladou as queixas dos veciños do barrio da Pega, que levan moito tempo esperando a mellora e acondicionamento das súas rúas e que “ahora este gobierno está pasando de ellos”.

Por iso, a vicevoceira destaca que hai unha falta de xestión, pois as obras son competencia directa da concelleira de obras e infraestruturas. “ A todos nos quedó muy claro que en verano era la alcaldesa en funciones. Pero lo importante no es ser alcaldesa, si no funcionar.” Sierra resaltou que o importante é traballar durante todo o mandato e non catro días antes das eleccións para “que hagan política y se junten para la foto”.

Exit mobile version