Rodríguez dirixirá unha selección multidisciplinar que inclúe todas as categorias, tras o seu bo traballo no Mundial Sub 19 en Italia, onde o relevo feminino quedou quinto nunha das categorías e meténdose na final o pentatleta catalán Ivan liberal, cunha magnífica actuación na combinada. Rodríguez, que ocupa o cargo de Director Técnico da delegación Madrileña, e desempéñase como Técnico de Pentatlón Moderno no CAR-BLUME de Madrid, atópase adestrando aos deportistas galegos na cidade de Lugo por orde da Federación Galega, co fin de establecer os novos métodos de traballo. O adestrador mariñán foi formado cos mellores, entre eles o lendario mestre húngaro de esgrima, Bondy Kovacs, ou o adestrador de fondo Ferrolá,n Marcelo Rodríguez, dos cales é discipulo avantaxado. Iniciou hai pouco o paso da alta competición ao adestramento de alto rendemento como técnico das novas fornadas.