Patricia Otero reclámalle á Xunta que “vaia da man do goberno do Estado para que a Comisión Europea anule esta decisión”
Otero salienta que este compromiso “abre a porta á esperanza de que a pesca de arrastre non se vexa afectada por unha decisión tan inxusta”, revisando as restricións ao arrastre de fondo se así é acreditado con informes científicos. Así o dixo durante o debate dunha proposición non de Lei presentada polos socialistas galegos para reclamarlle á Xunta que “vaia da man do Estado” na oposición a esta medida posta en marcha pola Comisión Europea.
A responsable socialista advertiu que “no existen informes científicos nin técnicos” que acrediten o suposto impacto sobre a biomasa que a Comisión Europea alega para levar adiante unha decisión “indiscriminada e desproporcionada” que obvia os esforzos dos estados membros para desenvolver unha pesca sostible e respectuosa co medio marítimo.
Sinalou que a decisión sería letal para o arrastre galego, do que viven máis de 160.000 familias de mariñeiros galegos que levan máis de 2 séculos faenando nos caladoiros afectados. Criticou que unha directiva de tal transcendencia sexa aplicada “de xeito unilateral, sen escoitar aos órganos consultivos nin ao propio sector, o que mellor coñece o estado dos caladoiros, e en base a estudos que non son rigorosos nin completos e sen ter en conta o seu impacto socioeconómico”.
Ademais, explicou, esta flota leva anos tomando medidas para mellorar a pesca selectiva, a xestión de residuos e consumo de combustible para reducir a pegada de carbono e o impacto medioambiental da actividade. Una flota, en definitiva, que “cumpre de forma clara e rigorosa con tódalas normativas” ata situarse como “referencia internacional”.
Declaración Institucional
O Grupo Socialista presentou esta iniciativa en liña coa proposta de Declaración Institucional que presentaron no último Pleno do anterior período de sesións para pedirlle ao goberno galego que se comprometa e traballe proactivamente xunto co goberno do Estado para frear esta decisión. Sen embargo, daquela foi o PP que impediu o acordo en base á proposta socialista, “impedindo que o Parlamento se pronunciara neste senso”.