Ofértanse tanto cursos de natación como actividades en sala
Viveiro, 21 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro recorda aos veciños e veciñas que dende hoxe, 21 de setembro, está aberta a preinscrición ás actividades ofertadas na piscina municipal dirixidas a adultos.
Dunha banda, ofrécense as seguintes actividades de sala: ciclo indoor (martes e xoves, 20.15-21.00), pilates (luns e mércores, 19.30-21.15), TRX (martes e xoves, 20.15-21.00), intervalos (luns e mércores, 20.15-21.00) e ximnasia de mantemento (luns, mércores e venres, 11.15-12.00).
Doutra banda, para os cursos de natación ofértanse os seguintes grupos: iniciación (luns, mércores e venres 10.30-11.15), medio (martes e xoves 10.30-11.15; luns e mércores 21.00-21.45), avanzado (martes e xoves, 21.00-21.45) e bebés (venres 12.00-12.45).
As persoas interesadas poden informarse e realizar a súa preinscrición na recepción da piscina municipal ou no teléfono 982570610. O prazo de solicitude estará aberto ata o próximo 28 de setembro, incluída esa xornada. En caso de superar as prazas ofertadas, realizarase o sorteo o día 29 de setembro.