Encadrada dentro da iniciativa ‘Viveiro con Orgullo’ e coa colaboración de Eureka, trátase dunha actividade interxeracional e gratuíta nos xardíns do Pazo da Misericordia, o domingo pola tarde desde as 16:30 ás 19:30 horas.
Hai que inscribirse previamente enviando un whatsapp cos datos ao teléfono 654 208333, xa que é necesario un rexistro do número de participantes nas diferentes actividades previstas.
“Unha cita interxeracional para celebrar a diversidade sexual ou cultural con actividades para nenos e nenas; desde o concello queremos concienciar a través dunha festa na que as diferentes cores se unan para crear unha máis grande, que é a da felicidade”, explica Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.
No caso de que a meteoroloxía sexa moi adversa, informarase con antelación dos cambios ou dun aprazamento da festa.