Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro iluminará de cor verde a noite do 1 de outubro, do sábado ao domingo, a porta de Carlos V, con motivo da campaña “Outubro mes da artritis e a espondiloartritis”.

O Concello expresa desta maneira o seu apoio ás persoas que sofren esta enfermidade, reivindicando a súa visibilidade. A campaña está impulsada pola Coordinadora Nacional de Artritis, ConArtritis, e celébrase dende hai 15 anos. A entidade representa a persoas con artritis reumatoide, artritis psoriásica, artritis idiopática xuvenil e espondiloartritis de España.

Exit mobile version