A concelleira de Obras, Mónica Freire, explica que “nestes días o Concello de Ribadeo está levando a cabo unhas actuacións de mellora e mantemento no parque infantil de San Francisco. Por un lado, estamos a encher con caucho as escavas nas que é factible facer estas actuacións, para evitar os posibles golpes que poidan darse as nosas crianzas nestes lugares; tamén para mellorar as condicións de hixiene e salubridade dun espazo tan sensible, sen prexudicar ás arbores”.
A edil ribadense conta que “así mesmo se están acometendo actuacións de mantemento, coa substitución dos espazos de caucho que se atopan en mal estado por outros novos. Estas actuacións de mellora tamén se están a realizar no parque da Avenida Fernández Cardoso”.