Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo apoia ao sector pesqueiro e rexeita o veto da Comisión Europea ao arrastre

A administración local súmase ao manifesto pola pesca, o marisqueo e a cadea mar-industria europeas, en contra de medidas como a prohibición de pesca de fondo en 87 áreas de augas comunitarias que entraría en vigor o 9 de outubro e que sería un auténtico lastre para o sector. A veciñanza pode sumarse ao manifesto que estará á súa disposición para asinar na Casa do Concello (en rexistro, en horario de 8:00 a 15:00 horas) e na Casa da Cultura (en horario de 9:00 a 14:30 horas)

Exit mobile version