Alfoz, 14 de setembro, 2022. O luns 19 de setembro ábrese a inscrición para as modalidades deportivas de ioga (2 grupos), aeróbic e ximnasia de mantemento. Prazas limitadas, por orde de entrada.
As solicitudes están dispoñibles na Casa do Concello e na web municipal, sección noticias onde se pode descargar a inscrición.
Deben entregarse as solicitudes na Oficina de Rexistro do Concello do 19 ao 26 de setembro. Comenzan en outubro e rematan a finais de maio.
Os horarios e lugares de realización das actividades son:
. Ximnasia de mantemento: luns e mércores de 18:30h a 19:30h no Pavillón Municipal.
. Aeróbic: luns e mércores de 19:30h a 20:30h no Pavillón Municipal.
. Ioga: de 17:00h a 18:00h na Escola de Nenos de Adelán, o grupo A martes e xoves e o grupo B luns.
Estas actividades están subvencionadas parcialmente dentro do Plan Único da Deputación de Lugo, co obxectivo de promocionar o deporte e hábitos saudables para a poboación de Alfoz.
Máis información no tfno. 982 558 001 (ext.2).