Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello colabora coa 3ª edición das carreiras de cabalos “Cidade de Viveiro” esta fin de semana

Viveiro, 8 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro presentou hoxe a 3ª Edición das Carreiras de Cabalos “Cidade de Viveiro”, que terá lugar esta fin de semana, os días 10 e 11 de setembro, no Campo de Fútbol de Celeiro. A alcaldesa, María Loureiro, acompañou aos organizadores, da Asociación de Cabaleiros do Landro, na presentación deste evento.

Tras o peche das inscricións na competición, 250 cabalos participarán nesta edición das Carreiras de Cabalos. “Un ano máis, dende o Concello de Viveiro colaboramos con esta cita, que posiciona a nosa vila, e Celeiro en concreto, como un punto de interese turístico e deportivo”, subliñou María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

A xornada do sábado comezará ás 10:00 coa Final do Campionato Galego de Andadura Individual, mentres que pola tarde se celebrará o Campionato Galego de Andadura por equipos.

O domingo, a xornada comezará ás 09:00 coa apertura do recinto e a exposición da maquinaria. A continuación, celebraranse as distintas competicións por categorías, que inclúen andadura libre serrada e chapeada, galope, así como carreiras de pura raza árabe nacional e galega. Nas diferentes categorías repartiranse premios de ata 400 euros, así como trofeos aos tres primeiros clasificados e medalla para o cuarto.

Exit mobile version