Cervo, 2 de setembro, 2022. O club de Natación PortaMiñá de Lugo xa está polo Concello de Cervo para desfrutar dunhas xornadas de preparación para a temporada que comeza xa.
O rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e o edil de Deportes, recibiron ante a piscina municipal á expedición conformada por 61 deportistas, 4 monitores, e polo presidente do Club, Fernando Tirimiraos.
O club PortaMiñá é xa un clásico do verán cervense, porque levan máis dunha década escollendo o noso municipio para realizar estas xornadas de convivencia e deporte.
O rexedor, Alfonso Villares, quixo darlles a benvida “agardamos que desfruten das nosas instalacións deportivas e tamén de todos os atractivos que pode ofrecer o noso Concello a quen nos visita, que son moitos”