Na Órrea (campo da festa, ás 22.00 horas), no concello de Riotorto, e en Bravos (exterior do local social, ás 21.30 horas), no concello de Ourol, poderán desfrutar este sábado da comedia galega “Cuñados”, dirixida por Toño López e con Xosé Antonio Touriñán e Miguel de Lira no elenco. O domingo proxectarase a película de animación “Bella e o Cirxo Máxico” -dobrada ao galego- nas instalacións do CEIP Eduardo Pardo Vila de Triacastela.
As novas datas continúan coa xeira de proxeccións que se ven desenvolvendo desde o pasado 15 de agosto coa colaboración de asociacións e concellos nas diferentes comarcas. Así, nestes días realizáronse sesións ao aire libre en Navia de Suarna, Láncara, Ferreira do Valadouro, Tuiriz (Pantón), Taboada, Castro de Carballedo, Meira, Cervantes, Lourenza, Abadín, A Fonsagrada, Vilalba, O Saviñao (Escairòn), Cela (O Corgo), A Pastoriza, O Incio, Burela, Seceda (Folgoso do Courel) e Vicinte (Outeiro de Rei).
O ciclo continuará con novas datas ao longo do mes de setembro (cultura.deputacionlugo.gal).