Debutan con goleada 5-1 en Vista Alegre
Segunda parte na que os laranxas foron superiores. Puxeron todo na pista para levar o partido, e non ía tardar Pazos en poñer por diante ao equipo cunha recuperación de balón que acabaría con disparo e gol. En cuestión de segundos, Pitero anotaría o terceiro para dar máis vantaxe, aproveitando unha segunda xogada e finalizando na portería. O CD Burela FS non cedía nas súas intencións de anotar goles, tería Pazos unha ocasión cun disparo ao pau, e posteriormente o mesmo conseguiría anotar o seu terceiro gol cun disparo raso tras unha asistencia de Isma pisando o balón e servíndolla en bandexa. Sairía nos últimos minutos o Alzira con xogo de cinco, con todo non ían conseguir reducir o marcador. Pitero puido poñer o quinto cunha ocasión clarísima, pero sería Isma o que poñería o definitivo 5-1 cun gol de vaselina tras aproveitarse dun Alzira desposicionado.
Ficha técnica
CD Burela FS: Bruno, Pazos, Lucho, Isma, Rikelme, -Cinco Inicial- Pitero, Nando, Alberto, Antón Arnejo, Nito, Eloy e Kaluza
Family Cash Alzira FS: Joan, Rubi, N. Parreño, Carlitos, J.Peiró, Peloncha, Castejón, Pedro, Sena, A.Naranjo, Gabri, Gustavao
Goles: Min 14 Pazos 1-0; Min 16 A.Naranjo 1-1; Min 22 Pazos 2-1; Min 23 Pitero 3-1; Min 33 Pazos 4-1; Min 38 Isma 5-1.
Equipo arbitral: CALLEJA RUBIO, GARCÍA SCHMID, GUNTÍN GARRIDO, DOVAL RODRÍGUEZ
Incidencias: Partido correspondente á 2ª xornada da Segunda Federación de Fútbol Sala Masculino disputado no pavillón Vista Alegre.