Gañaron 1-2 ao Raio Majadahonda, nesta primeira xornada ligueira
Burela, 10 de agosto, 2022. Comezaba a primeira parte co CD Burela FS controlando o xogo. Con todo, as locais ían ter a ocasión máis clara do partido ata o momento no minuto 8, no seu primeiro achegamento, pero Jozi evitaba o que puido significar o primeiro. Despois dese momento, as laranxas buscaban o gol, con todo, Montull detiña todas as oportunidades do conxunto mariñán. Non ía ser ata o minuto 14, onde Dany inauguraría o marcador cun roubo en área contraria do equipo, e posteriormente dous minutos despois, a mesma xogadora adiantaría ás laranxas nunha xogada moi parecida rematando outro roubo de carteira por parte de Jenny.
O CD Burela FS púidose ir con máis vantaxe ao descanso, pero Cilene non puido anotar unha ocasión clara orixinada desde o punto de penalti. Pitaría o árbitro o descanso na Granadilla con vantaxe de 0-2.
Saíron os dous equipos do descanso co mesmo guión. A pesar de ter menos ocasións, o CD Burela FS seguía controlando o xogo e tería oportunidades para poñer o terceiro, as máis claras por mediación de Antía que probaba sorte con dous disparos Uno no 25 e outro no 29, ambos se marcharon polo lateral da meta defendida nese momento por Lauri.
No últimos cinco minutos de xogo, complicóuselle o partido ás laranxas, coa saída da porteira xogadora do Raio Majadahonda. Con isto, recortaría distancias Moni a falta de 3 minutos para o final. Con todo, o CD Burela FS defendíase ben en pista, e non deu opcións ás locais para que empatasen o partido, conservando o resultado e levándose os 3 primeiros puntos.
Ficha técnica
Raio Majadahonda Afar FSF: Montull , Peque, Moni, Pichi, Marta de Diego-Cinco Inicial- Coral, Sofi, Laura García, Jessica Cruz, Andrea Feijoo, Pitu, Chili e Lauri.
CD Burela FS: Jozi, Irene Samper, Antía , Dany, Patricia, -Cinco Inicial- Masha, Jenny, Cilene Dasha e Evelina.
Goles: Min 14 Dany 0-1; Min 16 Dany 0-2; Min 37 Moni 1-2.
Equipo arbitral: Manso Martín- Cristian Cubero. Tarxeta amarela a Antía
Incidencias: Partido correspondente á 1ª xornada da Primeira Federación de Fútbol sala Feminino disputado na Granadilla.