Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS cólase nas finais do II Torneo de Ourensanía-Concello de Cartelle

Gañaron 3-0 ao Citta dei Falconara Italiano nas semifinais

Burela, 3 de Agosto, 2022. Primeira metade con clara superioridade das guerreiras. Adiantábanse no minuto cinco no marcador de Penalti materializado pola lanzadora habitual, Cilene. No minuto 9 Emilly ampliaría vantaxe cun gol con perna dereita a partir dunha xogada pola ala diestra, e ser asistida por Peque. As italianas xogarían a partir do ecuador da primeira parte, condicionadas pola quinta falta. Producirían a sexta, e Emilly cun trallazo de dobre penalti poñería o 3-0 para as laranxas, que se irían con esa vantaxe acumulada ao descanso.

A segunda metade baseouse nun CD Burela FS controlando o xogo e aproveitando a súa situación de vantaxe para manexar o partido, e un Citta dei Falconara que tivo algún intento de reducir distancias nos primeiros minutos, pero Jozi desvarataría calquera opción. Segunda parte na cal non habería máis goles , a pesar de que o conxunto mariñán tentouno nos últimos minutos. Sería suficiente a vantaxe conseguida na primeira parte o CD Burela FS conseguise o triunfo e con isto meterse na final deste II Torneo de Ourensanía-Concello de Cartelle.

Ficha técnica

CD Burela FS: Jozi, Emilly, Peque, Patricia, Cilene-Cinco Inicial- Dany, Irene Samper, Antía Pérez , Masha, Jenny, y Evelina.

Citta di Falconara: Dibiase, Tatiane, Isabella, Nathalia, Erika -Cinco Inicial- Taina, Anthea, Silvia.

Goles: Min 5 Cilene 1-0; Min 9 Emilly 2-0; Min 12 Emilly 3-0;

Equipo arbitral: Ferrero Carballal, Ortas Gómez, Gulin Piñeiro.

Incidencias: Partido Amistoso de la semifinal del II Torneo de Ourensanía-Concello de Cartelle disputado en el Pabellón Piño-Vilachá

Exit mobile version