
Viveiro, 5 de setembro, 2022. O Pazo Grallal, na parroquia de Covas, segue a presentar a imaxe de desleixo que xa en outubro de 2018 denunciábamos dende o BNG. O busto do fundador do Pazo está totalmente tapado pola maleza, a porta enferruxada e falta unha das bolas de decoración que forman parte do arco de pedra de entrada. O actual propietario, segundo parece un coñecido empresario e mecenas de Madrid, teno neste estado de abandono, polo que diante desta situación rogamos se informe:
. Que ten feito o Concello de Viveiro ao respecto?
. Ten requerido ao propietario para que corrixa esta situación?
Para Míriam Bernúdez “o Concello debera amosar interese pola situación do Pazo de Grallal, pasaron catro anos desde a nosa denuncia sen ningún tipo de feito, deberan informar se é preciso a Patrimonio para avanzar e poñer os medios necesarios para a súa conservación”.