Esta medida afecta gravemente ao sector pesqueiro galego e á flota da Mariña
A nosa flota, exemplo intenacional de boas prácticas
“E desgrazadamente cumpríronse as peores previsións para un sector que xa está sometido a unha estricta regulación e control e que xa non tén permitido tampouco pescar nos lugares donde hai ecosistemas vulnerables. Todos os esforzos da nosa flota pesqueira polo cumprimento da normativa lonxe de ser recoñecidos, son desprezados e demonizados. Unha flota que cumpríu e cumpre de xeito claro e riguroso todas as normativas de aplicación á súa actividade dende os regulamentos europeos ata os estatais ou internacionais así como as súas obrigas pesqueiras en relación cos TACs e cotas de aplicación, obrigacións de desembarque e descartes” manifestaba hoxe o responsable comarcal do BNG Antonio Veiga, que engadía tamén solidarizándose co sector pesqueiro mariñao, que “a nosa é unha flota que é exemplo internacional de boas prácticas e que con esta decisión da Comisión Europea vai ver mermada considerablemente unha parte fundamental dos seus caladoiros, mediante esta medida, totalmente desproporcionada, pouco fundamentada e aplicándoa de xeito indiscriminado para todas as artes e flotas”
O deputado mariñao no Parlmento Daniel Castro pronunciábase tamén ao respecto: “Galicia é a primeira rexión pesqueira europea, e en termos xerais, a frota galega representa ademais case a metade de toda a frota española, pescando en diferentes augas a nivel estatal, europeo e internacional, sendo exemplo de respecto aos convenios e normativas rexionais e internacionais, que no caso europeo, plásmanse na Política Pesqueira Común (PPC), ao tempo que nos últimos anos está a desenvolver iniciativas enfocadas á mellora da sustentabilidade da súa actividade. Non é casualidade que a situación dos caladoiros onde opera a nosa pesca se atope en rendemento máximo sostible”.
Outro golpe á economía da Mariña
Castro manifestou tamén que a aplicación destas medidas podería afectar a máis de 200 pesqueiros galegos, entre os que se atopan moitos barcos de Celeiro e Burela que faenan non só en augas das costas do Estado español senón tamén en Gran Sol e nas costas de Francia e Irlanda dedicándose ao pincho, ao arrastre e á volanta. “Se a pesca é un puntal da economía galega e do emprego, na provincia de Lugo e na Mariña ainda o é moito mais coas potencias pesqueiras que representan os portos de Celeiro e Burela, e máxime no actual contexto de crise industrial e de emprego que atravesa esta comarca”.
Reclamación xudicial contra esta decisión
Os nacionalistas anunciaron a presentación de iniciativas ao respecto en todas as institucións, Congreso, Parlamento Europeo, Parlamento de Galiza, Deputación e concellos. No Congreso dos Deputados Néstor Rego xa presentou unha PNL na que demanda ao Goberno do Estado iniciar de inmediato o procedemento de reclamación por todas as vias posibles, incluída a xudicial, contra esta decisión da Comisión Europea de prohibir a pesca de fondo en 87 zonas.