Con máis de 15 anos de experiencia e especializado en cirurxía do pé e podoloxía deportiva, Miguel Murias satisfai as necesidades dos nosos profesionais do club, desde hai 15 anos. Unha gran etapa de traballo encomiable e colaboración, estreitaron os vínculos entre a entidade Burela FS, e Murias, que ofreceu durante todos estes anos o seu labor desinteresadamente coa entidade.
Consideramos a Miguel Murias parte da nosa familia, pois ademais de realizar o seu traballo, compartimos moi bos momentos xuntos, creando un lazo de afectividade que é difícil de borrar. As nosas plantilla teñen aos mellores profesionais á súa disposición.
Seguimos querendo compartir máis momentos, e desexamos obter obxectivos xuntos. Coa profesionalidade de Miguel Murias, todo será máis sinxelo na campaña 22/23.