Site icon Crónica3.com A Mariña

Intensa programación cultural e de lecer este mes de setembro ao redor das Festas do Oito do Valadouro

O Valadouro, 1 de setembro, 2022. O venres, 2 de setembro ás 21:30 na Praza de Santa María, terá lugar unha exhibición de zumba dun grupo de veciños e amigos de Alfoz e Valadouro.

O sábado, 3 de setembro, tamén na Praza de Santa María, ás 19:00 horas, disfrutaremos a principal festa da música e baile tradicional do pobo coa XXXII Mostra Folclórica O Valadouro na que participan: Rancho Folclórico de Santa Eulalia de Cabanelas de Portugal, A.C. A Legua Dereita do Corgo e os anfitrións, A.C. Amado Lar de Valadouro.

Tamén habrá ocasión de vivir novamente a cita co teatro coa XXXVI Semana do Teatro Afeccionado que se celebrará do 4 ao 7 de setembro no Salón de Actos do Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo.

Iniciará a semana o grupo Adala de Fazouro coa obra, Vivan os Noivos o domingo, 4 de setembro. Continuará o luns, 5, o Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros coa peza “O Documento”. O martes será turno de Axouxeres de Vilaronte coa obra “Cousas de Mulleres” e finalmente rematará esta cita O Centiño de San Martiño, representando A morte morrida.

Todas as obras comenzaran as 22:00 horas con entrada de balde ata cubrir aforo.

Exit mobile version