Site icon Crónica3.com A Mariña

Fernando Torres Moreno incorpórase ás filas do CD Burela FS

O pivot malagueño vén reforzar a plantilla como cedido

Burela, 1 de setembro, 2022. O presidente e vicepresidente do CD Burela FS, Manuel Blanco Fanego, e José Luis Sáez Castro, respectivamente, presentaron na sede do club, a Fernando Torres Moreno “Nando”.

Palma Futsal e CD Burela FS acordan a cesión de Nando por unha tempada. Ten os seus inicios nas categorías inferiores do CD UMA Antequera, ata que deu o salto ao primeiro equipo na tempada 16/17. A pesar da súa mocidade (naceu no 99), é un xogador que conta con moita experiencia en clubs de gran nivel do panorama nacional de fútbol sala, como é o citado CD UMA Antequera, Industrias Santa Coloma, e por último no Palma Futsal, no que levaba dúas tempadas.

A pasada campaña no Palma Futsal demostrou a súa capacidade para facer gol, anotando unha boa porcentaxe de tantos nas súas participacións co equipo. O pivote ten unhas características moi boas para poder achegalas ao equipo burelense. É un xogador xoven que está a ter un rendemento destacado na súa traxectoria.

Anunciamos, que, con esta incorporación, a plantilla do equipo masculino xa quedaría pechada e lista para afrontar os obxectivos que se presentarán na tempada 22-23.

Exit mobile version