Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito da I Comida de produtos da horta e gandería do rural de Ribadeo que impulsa a veciñanza co apoio da Deputación

O Deputado de Promoción Económica e Social participou este sábado na cita celebrada na parroquia ribadense de Cubelas, onde salientou a importancia de xuntanzas coma esta “para promover o consumo dos nosos excelentes e variados produtos locais, un aspecto fundamental para dinamizar a economía e o rural da provincia de Lugo”

Lugo, 17 de setembro de 2022. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na I Comida de produtos da horta e gandería do rural de Ribadeo, que organizou a asociación veciñal San Vicente de Cubelas, do concello ribadense, no pavillón da parroquia.

Rivera Capón aproveitou a ocasión para felicitar ao colectivo veciñal pola súa recente renovación de directiva e por dar este paso adiante para organizar este festexo no marco da Festa das Dores. A institución provincial colabora coa cita, sufragando os gastos dun dos concertos que completan o programa.

O Deputado salientou a importancia de xuntanzas como a celebrada en Cubelas, “na que os protagonistas son os produtos de Ribadeo, onde tanto maiores coma pequenos poden apreciar a alta calidade que se produce ao pé da casa”, subliñou. “Na provincia de Lugo temos un sector primario moi potente, e importantes empresas -e non me refiro só ao tamaño- que crean emprego e que oportunidades no noso rural, que lle dan vida no presente e que apostan polo seu desenvolvemento no futuro”. Engadiu que a cita “promove o consumo dos nosos excelentes e variados produtos locais, un aspecto fundamental para dinamizar a economía e o rural da provincia de Lugo”.

Exit mobile version