Site icon Crónica3.com A Mariña

Este luns dará comezo o curso 2022-2023 da Escola Municipal de Música de Burela

Burela, 9 de setembro, 2022. O vindeiro luns dará comezo o curso 2022-2023 da Escola Municipal de Música de Burela. Están previstas varias actividades de inicio tanto nos centros da zona coma actividades de rúa. como en anos anteriores, a Escola de Música traballará na organización e desenvolvemento de cursiños de educación musical, concertos didácticos, talleres, etc., nos que se traballarán diversos contidos coma: apreciación musical, discriminación auditiva, coñece-los elementos da música, práctica instrumental, etc.

Tamén se informa de que segue aberto ata o xoves 15 o prazo de matrícula.

Para formalizar a inscrición deberán acudir á Sede na Escola Municipal de Música de Burela, en horario de 10:00-14:00, onde se lles facilitará a documentación necesaria para a matrícula. Asemade, se así o desexan, poderán descargar o impreso da páxina web do Concello de Burela ou ben do Facebook da Escola.

Exit mobile version