Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega: “O Círculo Habanero celebra o seu centenario coa colaboración da Xunta de Galicia”

O voceiro do Grupo Municipal Popular destaca que a próxima iniciativa no Círculo consistirá na mellora dunha biblioteca indiana e na renovación do edificio central

Ribadeo, 12 de setembro de 2022. O Círculo Habenero cumpre o seu centenario. O edificio promovido pola Sociedad de Instrucción e Recreo de A Devesa para a súa utilización como edificio social e centro de recreo e cultura. O Círculo foi inaugurado en 1921, o seu recinto acollía ademáis dous escolas nas que se impartían clases gratuitas aos nenos e nenas da parroquia e o entorno. Ademáis forma parte da Ruta dos Indianos polas parroquias.

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, explica que “a Xunta de Galicia organiza conxuntamente co Círculo Habanero a celebración do seu centenario”. O popular sinala que “seguiremos investindo no Círculo Habanero na creación dunha biblioteca indiana e pintando o edificio central”.

Desde o grupo municipal popular agradecen á asociación do círculo polo traballo conxunto que fixeron coa Xunta de Galicia para a celebración do centenario do Círculo Habanero. “Debemos recordar e celebrar este legado indiano que forma parte da nosa historia en Ribadeo e telo presente no noso Concello” di Dani Vega

Exit mobile version