Site icon Crónica3.com A Mariña

Dani Vega: “O colexio Gregorio Sanz inicia o curso escolar cunha reforma íntegra gracias ao investimento dun millón de euros por parte da Xunta de Galicia”

Este proceso de reforma iniciouse eliminando o vello montacargas do colexio e introducindo un novo ascensor

Ribadeo, 9 de setembro de 2022. O voceiro do PP en Ribadeo, Daniel Vega, destaca que “a Xunta de Galicia fixo un investimento dun millón de euros para a reforma e transformación íntegra do colexio Gregorio Sanz”. Grazas a esta transformación, este ano o colexio público de Ribadeo contará con 372 alumnos dos cales 342 farán uso do comedor, e contará o colexio con 32 profesores. “É a inversión máis importante deste mandato e estamos moi contentos co traballo en conxunto que fixemos entre as partes implicadas” destaca Vega.

“As melloras eran fundamentales para a escola, así nolo comunicaron os educadores e a directora do centro. Nós queremos agradecerlles aos 32 docentes que conforman o centro educativo polo seu traballo e por dar cabida ao alumnado de Ribadeo. Entre todos observamos que esta reforma íntegra era moi necesaria” expllica Dani Vega.

Reformas

No centro educativo levouse a cabo unha serie de melloras para a súa transformación como a reforma da cuberta, o substitucións das ventanas por unhas de máis calidade, unha reforma integral do edicio central mellorando as paredes e as súas estructuras. Ademáis “melloramos a eficiencia enerxética cun cambio de iluminación nas aulas e os pasillos, e tamén coa mellora de iluminación no exterior” engade Dani Vega. Grazas a esta iniciativa o consumo de enerxía reducirase ao redor dun 60%, polo que “tamén reducimos os gastos municipais, e iso tamén e importante”

Por outra banda, o popular quixo recordar que “iniciamos este proceso de reforma eliminando un vello montacargas e introducindo un novo ascensor. Todo isto supón un gran traballo que beneficia a todo Ribadeo”

Exit mobile version