Entre os traballos que se van a realizar están a substitución da soleira por unha nova de formigón, a canalización dos pluviais ou a eliminación de barreiras arquitectónicas
Ribadeo, 9 de setembro de 2022. O voceiro do PP en Ribadeo, Daniel Vega, destaca o investimento de 15.300 euros da Xunta de Galicia para o acondicionamento do aparcamento en Couxela, entorno ao teleclube. Unha medida que os veciños da parroquia levan demandando desde fai moito tempo polo incremento da poboación na vila e que gracias ao apoio da Xunta “vai a ser posible”.
“Nós como grupo municipal escoitamos as quiexas dos veciños e xestionamos os 15.300 euros para que a iniciativa fora posible” di Dani Vega. Ademais, o voceiro explicou que “é o primeiro dos aparcamentos que vamos a facer nas parroquias e haberá máis, pois os veciños demandan cada vez máis estos espazos que se convertin en puntos de interese”.
Obra
Os traballos que se van a facer en Couxela para a construcción do aparcamento son moi amplos. A eliminación da soleira, que estaba destrozada, e a súa susbstitución por unha nova soleira de hormigón de máis de 160 metros cuadrados, a canalización dos pluviais, a construcción dun muro laterla para protexer os vehículos e a elimnación de barreiras arquitectónicas, “algo fundamental para que todos os que lle den uso poidan chegar facilmente ao teleclube” engade Dani Vega.