Site icon Crónica3.com A Mariña

Dani Vega: “Bacheos electorais. Con esta frase poderíamos titular o que está acontecendo en Ribadeo, na vila e no rural”

O popular pregúntase onde están os concelleiros de obras e medio rural, parece non existir ante a neccesidade de invertir o que denota unha ausencia de xestion

Ribadeo, 26 de setembro de 2022. O voceiro do PP de Ribadeo, Dani Vega, denuncia a falta de xestión por parte do goberno do BNG ante as últimas obras acometidas no Concello, “necesitan unha foto ante a falta de traballo e de xestión, por iso hai bacheos de última hora, rápido e correndo”. Para os populares isto é un síntoma de “desprezo absoluto das nosas parroquias e os veciños no conxunto do rural, e tamén un desprezo ao orzamento público”.

“Saben que hai baches, e ante as múltiples reivindicacións veciñais teñen que actuar rápido e correndo, e por eso van cunha pala tirando gravilla, algo de chapapote e incluso area. Este é o traballo deste goberno, en definitiva, unha falta de respeto ante os veciños” di Dani Vega.

Ademáis engade que “nós demandamos algo máis importante: planificación”, pois para o popular, o goberno do BNG ten a obrigación de facer unha xestión previa dos orzamentos e traballar en conxunto coas parroquias, cos veciños e coas asociacións para facer un proxecto de arranxo e mellora das infraestrucuras.

Por esta mesma razón, Dani Vega pregúntase: “¿Onde está a concelleira de obras? Porque no verán si que presumía do seu posto como alcaldesa en funcións e dudamos que coñezan as parroquias ou os barrios. Aquí é onde se ve unha ausencia de traballo coas asociación e veciños. O importante é funcionar, e nós sabemos que pasa moito tempo na deputación e no coche oficial e non ten tempo para realizar as súas funcións. ¿E onde está tamén o concelleiro de medio rural? ¿Ten competencias? Porque non sabemos que é o que fai”. Parece preocupado por outros temas

Para o voceiro, cando non se coñece o concello, os barrios, as parroquias e cando non se falan coas asociacións para saber cales son os problemas que afectan a Ribadeo “este é o resultado”. “Eu creo que teñen que preocuparse menos da oposición, do grupo municipal, do seu portavoz e pensar máis en traballar por Riadeo” engade Vega.

Exit mobile version