O popular agradeceu a John Rutherford e a Eduardo Gutiérrez, por vincular esta xornada co concello da mariña lucense
O portavoz do PP de Ribadeo, Dani Vega, agradeceu á Academia Xacobeo, á Xunta de Galicia, por financiar esta actividade, e a Universidade de Santiago de Compostela, pola recuperación destas xornadas culturais que formaron parte do buque insignia da programación cultural do concello. Desde o grupo municipal popular fíxose unha valoración moi positiva da recuperación destas xornadas “cunha forte pegada en Ribadeo”.
“Agradecemos a Eduardo Gutiérrez e John Rutherford a implicación que tiveron para a recuperación xornadas, pois foron as persoas que crearon estas xornadas no ano 1992. Unha cita tan significativa que ten como obxectivo o apoio da cultura aquí en Ribadeo”, di Dani Vega. Ademáis o popular quixo resaltar que “invitamos a toda a xente a que participe nestas xornadas que volven a Ribadeo para quedarse”
“Agradecemos tamén Jose Carlos Rodríguez Andina, ex alcaldes da localidade, a Manolo Valín, membro do comité científico das xornadas do Mar por Medio e as demáis agrupacións locais por seguir e darlle un valor engadido a esta xornada” engade Vega..
Mar por Medio
Ao longo dos tres días que durará a cita levaranse a cabo distintas actividades relacionadas co Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo: conferencias, táboas redondas, unha exposición literaria, un recital poético, así como interpretacións musicais. “Estas xornadas terán como temática o camiño de Santiago e queremos analizar e profundizar no futuro do Xacobeo” engade Dani Vega.
Precisamente o venres 16 haberá estas conferencias nas que se debaterá sobre o futuro do Camiño de Santiago como elemento integrador de Europa e as novas tecnoloxías que se empregan no camiño. A xornada rematará cunha inauguración da temática Xacobea e o concerto “da nosa magnífica” Coral Polifónica de Ribadeo.
Durante a fin de semana poderase participar en conferencias de diversa temática. O sábado 17 haberá unha táboa redonda na que se dará espazo para recordar a Luz Pozo Garza, poetisa galega, antigo membro da Real Academia Galega e natural de Ribadeo, para recordar esos 100 anos de creatividade literaria. Ademáis tamén haberá un reital poético a cargo do profesor Antonio Deaño. Este día rematará co concerto de María do Ceo.
O domingo 18 seguirán as conferencias seguirán da man de John Rutherford e haberá unha táboa redonda no que se enxalzará o papel da muller no Camiño de Santiago. Estas xornadas finalizarán cun acto de clausura que contará co concerto do pianista Guillerme Cruzado Martín e a sorprano Rocío García Arias.