Site icon Crónica3.com A Mariña

Dani Vega: “A escola infantil acolle aos nenos de Ribadeo despois dunha inversión de 75.000 euros por parte da Xunta”

Unha das novidades deste ano será a gratuidade das escolas infantís en toda Galicia, unha medida impulsada pola Xunta de Galicia e que converte á comunidade en pioneira en materia educativa

Ribadeo, 6 de setembro de 2022. O voceiro do PP en Ribadeo, Daniel Vega, destaca que “a Xunta de Galicia fixo unha inversión de 75.000 euros para a reforma e transformación completa da escola infantil”. Grazas a esta transformación, este ano a escola infantil de Ribadeo contará con 107 prazas e 90 alumnos inscritos.

“As melloras eran fundamentales para a escola, así nolo comunicaron os educadores e a directora do centro. Nós queremos agradecerlles aos 16 docentes que conforman o centro educativo polo seu traballo” expllica Dani Vega.

Reformas

No centro infantil levouse a cabo unha serie de melloras para a súa transformación como a modificacións dos chans, o arranxo dos servizos e os baños, a modificación da cociña e a mellora do parque infantil. Ademáis, “a escola carecía dunha saída de emerxencia e agora nós a dotamos dunha” destaca Vega.

Por outra banda, o portavoz dos populares manifesta que “o ano pasado dotabamos de materiales e uniforme aos educadores infantís. Este ano tamén o volveremos a facer”. Desde o grupo municipal recalcan que “debemos traballar en unión e dando pasos importantes para avanzar en favor de Ribadeo”.

Gratuidade das escolas infantís

O 2022-2023 será o primeiro curso no que todas as escolas infantís serán gratuitas para os nenos de 0 a 3 anos. Galicia conviírtese así na primeira comunidad en aplicar esta medida que, según a Xunta, beneficiará a unhas 30.000 familias cun orzamento de 30 millóns de euros.

“Este ano hai unha noticia moi importante para axudar directamente ás familias: a gratuidade das escolas infantís. Galicia é a única comunidade e a primeira en adoptar axudas directas ao fogar, unha axuda que afecta positivamente ás familias de Ribadeo” di Dani Vega.

Esta iniciativa permitirá que todas as familias queden exentas do pago da matrícula e da atención educativa dos fillos en calquera escola infantil. Así, a gratuidade se aplica tanto os centros públicos de titularidade audonómica como aos centros privados, de iniciativa social, muncipais e de calquera outra índole que estén asociados ao programa.

Unha das ventaxas desta medida é que non é necesaria solicitar as axudas, no momento que se incriba a un neno de entre 0 e 3 anos aplicarase directamente a todos os beneficiaros os descontos do 100% do coste da matrícula, e será a Xunta que abone o custo do servizo educativo ao centro beneficiario.

Exit mobile version