Ribadeo, 3 de setembro de 2022. Varias compañías de telefonía activarán nos vindeiros días a rede móbil de nova xeración en Ribadeo. Esta nova tecnoloxía permitirá gozar de servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios e ampliará a extensión xeográfica.
Esas compañías advirten que “si a veciñanza de Ribadeo detecta algún tipo de problema na visualización das canles de TDT poden poñerse en contacto ao longo dos vindeiros seis meses no seguinte correo electrónico ayuda@llega700.es ou no teléfono 900 833 999”, explicou o alcalde de Ribadeo.
Fernando Suárez lembrou que “as operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, veñen de comunicarnos que comeza en Ribadeo o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, tanto de 4G como de 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá aos ribadenses gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica por todo o noso concello”.
O rexedor indicou que “esta nova rede de telefonía móbil suporá algunhas melloras fundamentais. A primeira é que resolve diversos problemas relacionados coas orografías presentes no noso territorio e a segunda é esta grande penetración en zonas interiores dos edificios. Pero ademais disto tamén nos informan de que quizais agora no inicio da implantación destas novas tecnoloxías poida haber algúns problemas de interferencia coa TDT actual. En todo caso si teñen algún problema, que contacten coa empresa ou que se acheguen polo Concello porque tamén os podemos orientar”.
E engadiu que “isto vai ser unha boa cousa para as veciñas e dos veciños de Ribadeo”.