Todos os actos están patrocinados por Estrella Galicia dentro da campaña de promoción “Recuperemos A Nosa Verbena”
Dous días de festa
Os actos comezarán o venres día 16, día da patroa, ás 23.00 horas, con Conxuro Discomóvil como encargada da verbena.
O sábado 17, os actos comezarán ás 10.00 horas da mañá cunha andaina ata a capela antiga de Santa Eufemia situada no mesmo burgo. A misa, será ás 13.00h, cantada polo coro de Cervo, a continuación procesión. A sesión vermú que virá de seguido correrá a cargo do humorista Oswaldo Digón e Conxuro Discomóvil. Xa pola noite, o grupo M-5 Galicia e Conxuro Discomóvil serán os encargados da verbena. Logo de rematar o baile, haberá caldo de balde, dando por rematado con isto o programa festivo deste ano.
Agradecementos
Dende o colectivo veciñal agradecen moi especialmente a Estrella Galicia polo apoio prestado para a recuperación da nosa verbena, que de outro xeito, non podería haberse levado a cabo, así como o esforzo que fan os veciños de Trasbar colaborando cos preparativos e, tamén dun xeito especial, ao Concello de Cervo.