Un ano máis, a Biblioteda Pública de Burela, paticipa no Programa Ler Conta Moito 2022.
Ler Conta Moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.
A través deste programa, as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para achegarlla á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.
Deste xeito as bibliotecas reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que proporcionan.
Ler Conta moito ten como obxectivo xeral animar á lectura a través dunha programación de actividaddes atractivas, vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento aos espazos bibliotecarios.
Con este programa preténdese, fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación; fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais; consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade; valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.
Caxoto é un narrador oral que leva máis de 15 anos apostando pola igualdade como contido transversal nos seus espectáculos que percorreron a meirande parte dos concellos galegos. Ademais diso leva máis de 10 anos facendo obradoiros de igualdade para todas as idades nos que mistura o contar con dinámicas reflexivas que buscan que o público chegue ás súas propias conclusións dende cada punto de partida. Neste espectáculo abórdase contidos como os estereotipos de xénero, a coeducación familiar, a doble xornada feminina… Aspectos da desigualdade que nos tocan demasiado de preto como para deixar de velo.
“Coas mans na masa”, …
Ao gran Chef Caxoto sempre lle dixeron que hai profesións de mulleres e profesión de homes, que a cociña era cousa de mulleres, … e outras parvadas polo estilo. Por iso desta volta quere propoñernos un menú elaborado con contos arredor da igualdade co que desmontar os estereotipos de xénero cociñados a lume lento ao longo da historia.
Un prato do bo gusto onde ente risas, contos e sorpresas afinaremos o noso padal na igualdade e contra os esteriotipos de xénero.