As persoas usuarias dos hortos poderán levar os produtos que desexen para compartir nesta merenda, que tamén contará con animación musical
Burela, 20 de agosto de 2022. O Concello de Burela celebrará este venres 23 de setembro a primeira colleita dos hortos urbanos cunha xuntanza entre todos os usuarios. Será a partir das 18 horas no espazo alugado polo concello para o cultivo.
Cada persoa poderá levar os produtos que desexe para compartir nesta merenda social, e o concello habilitará mesas e aportará a animación musical.
Tamén asistirán técnicos da Deputación de Lugo que participaron nas formacións sobre os hortos urbanos.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convidou a participar “nesta xornada de convivencia para celebrar que o traballo destes meses dá os seus froitos, compartindo a experiencia entre todas as persoas, un punto moi importante desta iniciativa, a interacción social”.