Grupos de Burgos, Madrid e distintos puntos de Galicia achegarán as súas propostas no mes de outubro
Barreiros, 15 de setembro de 2022. O mes de outubro chega cargado de representacións teatrais coa posta en marcha do I Certame de teatro amador “Convida no Rural” que organizan conxuntamente o Concello de Barreiros e o Colectivo Cultural Ollomao. Os días 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de outubro ás 19:30 horas as persoas asistentes poderán desfrutar de balde das seguintes representacións:
8 Outubro
Obra: Departamento de selección
Grupo: Disfunción continua (A Estrada)
Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
9 Outubro
Obra: Crime desorganizado
Grupo: Agrupación teatral mariñá (Betanzos)
Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
15 Outubro
Obra: El lazarillo de tormes
Grupo: El duende de lerma (Burgos)
Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
16 Outubro
Obra: O muro
Grupo: Grupo humorístico Trípode (Alfoz)
Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
22 Outubro
Obra: A pena do cú do mundo
Grupo: O Aturuxo de Melpómene-Carrachanacacha (Narón)
Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
23 Outubro
Obra: Vivan os noivos
Grupo: A Adala (Fazouro)
Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
29 Outubro
Obra: Es tu vida, húndela como tú quieras
Grupo: A cholón teatro (Manzanares El Real)
Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
30 Outubro
Obra: A derradeira bala
Grupo: Farándula Velutina (Corcubión)
Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
O Certame repartirá 800 euros en premios mais diversos trofeos, como o premio especial do público, nunha gala que se realizará o Domingo 6 de Novembro nos Colexios Vellos de San Miguel e no que actuará o grupo de teatro Ollomao coa súa obra “O documento”.