BELLA E O CIRCO MÁXICO | Guitiriz
Venres 16 de setembro | 10:00h | CEIP Santo Estevo de Parga
CUÑADOS | Ribeira de Piquín
Venres 16 de setembro | 21:00h | Praza de Chao de Pousadoiro
CUÑADOS | O Vicedo
Sábado 17 de setembro | 21:00h | Explanada da praia de San Román
O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA | Castro de Rei
Sábado 17 de setembro | 22:00h | Campo da Feira
VALENTINA I Lugo
Domingo 18 de setembro I 17.00h I Exterior da escola de San Vicente de Pías
VALENTINA I Sarria
Domingo 18 de setembro I 18:00h I Campo da festa de Loseiro
As novas datas continúan coa xeira de proxeccións que se ven desenvolvendo desde o pasado 15 de agosto coa colaboración de asociacións e concellos nas diferentes comarcas, e que chegará ás 40 sesións ao remate do ciclo. Nestes días realizáronse proxeccións ao aire libre en Navia de Suarna, Láncara, Ferreira do Valadouro, Tuiriz (Pantón), Taboada, Castro de Carballedo, Meira, Cervantes, Lourenza, Abadín, A Fonsagrada, Vilalba, O Saviñao (Escairòn), Cela (O Corgo), A Pastoriza, O Incio, Burela, Seceda (Folgoso do Courel) e Vicinte (Outeiro de Rei), A Órrea (Riotorto), Bravos (Ourol) e Triacastela.
A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, explicou que “o ciclo está a ter moi boa acollida e está achegando o cine en galego non só ás vilas e capitais de comarca senón tamén a parroquias e localidades máis pequenas, cumprindo cunha das premisas coas que traballamos desde á área de Cultura, que é levar propostas culturais de calidade e en galego ao todo o territorio, contribuíndo a ampliar a axenda que preparan os concellos e as asociacións culturais”.