O alumnado alternará formación teórico práctica con traballos de conservación e mellora en parques, xardíns e zonas verdes, o que lles permite conseguir os seguintes certificados de profesionalidade: AGAO0208 (Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes, AGAO0108 (Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinaría) e AGAR0309 (Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes.
Con este obradoiro non só se mellorarán e conservarán zonas verdes de uso público pertencentes ós tres concellos senón tamén se fomenta a empregabilidade dos alumnos-traballadores.
Á presentación, que foi onte, mércores, en Foz, acudiron os alcaldes de Foz, Valadouro e Alfoz, que deron ánimo ao novos alumnado e trasladaron as gañas de seguir optando a futuras convocatorias de obradoiros para ofrecer máis e mellores oportunidades laborais aos desempregados dos seus concellos. 12 alumnos e alumnas actuarán en distintos xardíns e zonas verdes de Foz e outros 8 nos concellos de Alfoz e Valadouro, polo que as actividades de formación van redundar ademais nun beneficio directo para os veciños dos tres concellos.