Iniciaron unha folga o 5 de setembro que se prolongará ata o mes de decembro en períodos de 15 días
Así llo trasladaron ao alcalde, subliñando que existe o risco de perder os postos de traballo (1.500 en total), dos cales o 90% son contratos temporais e asumidos por mulleres en escolas infantís, oficinas de inclusión, centros de día, etc.
“As traballadoras afirman que non se tería en conta a súa experiencia laboral á hora de estabilizar os postos, que nalgúns casos é de 15 anos desempeñando o seu traballo, unha situación que sorprende e ante a cal eu falarei persoalmente co xerente do consorcio”, afirmou Llano.
A folga iniciada neste mes de setembro prolongarase ata decembro (en períodos de 15 días) motivada polo desacordo na aplicación da norma e no procedemento establecido, que segundo afirman, “prexudícanos porque non están a ter en conta as circunstancias do consorcio como ente diferenciado da Xunta”, pedindo que “se equipare con entes xuridicamente iguais e que se nos escoite”.
O rexedor mantivo este encontro para escoitar as peticións respecto da súa situación laboral, interesándose pola información trasladada e comprometéndose a falar co xerente para buscar unha solución consensuada e tendo en conta a situación destas persoas.