Dentro da programación cultural do Concello de Alfoz, o mes de setembro é o Mes da Música. O vindeiro sábado, 17 de setembro, poderase gozar da agrupación musical Sons de Celeiro ás 20:30h no Pavillón Municipal. Unha vintena de voces mixtas, acompañadas de guitarra, teclados e armónica, dirixidas por Daniel Fdez. Caxete e Antón Docampo. Fados, boleros, habaneras, cancións de toda a vida e outras compostas por Daniel Fdez. Caxete, formarán o repertorio desta magnífica agrupación musical da Mariña.