Site icon Crónica3.com A Mariña

2.000 euros en premios na campaña que desenvolverá AciaFozCCA do 29 de setembro ao 29 de outubro

Foz, 23 de setembro de 2022. AciaFozCCA sorteará 2.000 euros en premios na campaña que desenvolverá do 29 de setembro ao 29 de outubro. Denomínase Este mes compras gratis no comercio de Foz.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “os clientes o que teñen que facer é cubrir os boletos que lles entregarán nos locais asociados con cada compra que fagan por un importe superior aos 10 euros entre o 29 de setembro e o 29 de outubro. E logo teñen que estar pendentes de Radio Foz o día 4 de novembro, que será a data na que faremos o sorteo de 2.000 euros en vales ce compra para gastar durante o mes de novembro”.

Paleo subliña que “o que queremos con esta campaña é dinamizar o comercio e a hostalería nos meses de outubro e de novembro”. Este mes compras gratis no comercio de Foz sorteará 6 premios de 100 euros, 2 premios de 200 euros, 1 premio de 400 euros e 1 premio de 600 euros.

O presidente de AciaFozCCA presentou a campaña este mediodía xunto ao alcalde, Fran Cajoto, con quen mantivo un encontro no que falaron do verán, das vindeiras campañas a realizar e das preocupacións das asociadas e dos asociados a AciaFozCCA. O presidente do colectivo empresarial focense  valora en máis de 6000 euros os premios para estes dous meses: “en outubro estarán en activo en Foz dúas campañas e o vindeiro mes de novembro serán catro as campañas que potenciarán o comercio local, ademais das xornadas gastronómicas na hostalería. Son todas actividades anteriores á campaña de Nadal”.

O alcalde, Fran Cajoto, indicou que “parécenos moi importante a acción que está a levar a cabo Acia de Foz. Cremos que é mais necesario que nunca apoiar ao comercio local, especialmente fora da temporada de verán, cando triplicamos poboación”. O rexedor manifestou: “por iso estas campañas, que conseguen atraer clientes, son sempre unha boa nova. Ademais axudan a que mais xente se achegue a Foz e tamén o coñeza. O Concello participa activamente coa asociación de comerciantes local”.

Fran Cajoto lembrou que “no ano 2020 duplicamos a subvención que viña recibindo a Acia pasando de 15.000 a 30.000 euros para paliar os efectos do covid. Esa cantidade mantivémola no ano 2021 e tamén no 2022. Esta é a forma de colaborar, financiando esta campaña e outras que promove a asociación focega e que axudan tanto aos comerciantes, que non deixan de ser veciñas e veciños de Foz”.

Todas as campañas que se levarán a cabo nas vindeiras semanas, organizadas por AciaFozCCA, contan co patrocinio do Concello de Foz e da Xunta de Galicia.

Exit mobile version