Os clientes o que teñen que facer é cubrir os boletos que lles entregarán nos locais asociados con cada compra que fagan por un importe superior aos 10 euros entre mañá, 29 de setembro, e o 29 de outubro. En xogo estarán 2.000 euros en vales de compra para gastar durante o mes de novembro. O sorteo terá lugar o día 4 en Radio Foz.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliñaba hai uns días na presentación desta iniciativa que “o que queremos con esta campaña é dinamizar o comercio nos meses de outubro e de novembro”.
Este mes compras gratis no comercio de Foz sorteará 6 premios de 100 euros, 2 premios de 200 euros, 1 premio de 400 euros e 1 premio de 600 euros.
Esta campaña está organizada por AciaFozCCA e conta co patrocinio do Concello de Foz e da Xunta de Galicia.