Para realizala, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro.
Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro de anuncios do Concello o listado de novos admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.022/23. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a formalizar a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través dos email carolina@xove.es ou xulianogueira@gmail.com, a seguinte documentación: comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50€ en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26-0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Santander ata o 14 de outubro (incluído). De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.
Esta preinscrición é para novos alumnos. Os que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2021/2022 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.