Así o anunciou o delegado territorial, Javier Arias, na primeira xuntanza de traballo que mantiveron trala toma de posesión. Fernández é licenciado en Dereito e funcionario de carreira do Corpo Superior da Administración Xeral galega. Conta con 24 anos de experiencia na administración e ocupou diversos postos de responsabilidade, como os de director provincial de Muface ou secretario territorial da Xunta en Lugo, entre outros. O IGVS, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, é o organismo encargado de desenvolver as políticas de vivenda e promoción de solo industrial en Galicia.