Site icon Crónica3.com A Mariña

A unidade móbil da Plataforma desbordada recollendo reclamacións no Hospital da Mariña

A Mariña, 6 de setembro de 2022. A entrada principal do hospital da Mariña viuse desbordada de veciñas e veciños que acudiron ata o dispositivo móbil que a Plataforma coloca para facer reclamacións. O colectivo sanitario tivo que ampliar en media hora o seu horario habitual para poder dar redactar as reclamacións de todas as persoas que facían cola.

A maior parte das reclamacións recollidas nesta xornada facían referencia a agardas de entre ano e medio e tres anos para consultas de cardioloxía, neuroloxía e traumatoloxía ou para realización de probas radiolóxicas como ecografías.

Simultáneamente á redacción e rexistro de reclamacións, un segundo equipo de activistas encargábase de recoller as sinaturas para, a ILP sobre medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria, que igualmente tiveron unha boa acollida entre as persoas que acudiron ao hospital.

Exit mobile version