Os cursos son os seguintes:
-Lengua de Signos A1.
-Francés Básico. Nivel A2 del Marco Común Europeo de Referencia para las Lenguas (MCERL) equivalente al (DELF A2)
-La Constitución española del 78 para opositores: La organización institucional y territorial.
-Monitor de Tiempo Libre.
-La mediación: Prevención del maltrato a niños, niñas y adolescentes.
-El Estatuto de Autonomía de Galicia para opositores. (Ley Orgánica 1/1981, de 6 de abril, de Estatuto de Autonomía para Galicia).
-Curso Preparación del Celga 3 y 4.
-Curso Preparación Inglés B1.
-Curso Básico de Inglés.
Fran Cajoto destaca o gran labor que se está a facer desde a UNED de Foz:
“temos a universidade no noso concello. A implantación, por exemplo, este ano do Grao en Educación Infantil na universidade a distancia está a ser un auténtico éxito. Pero ademais, grazas ao esforzo e traballo desde a aula de Foz, estamos a presentar cursos ben interesantes, que sempre adaptamos ás demandas que imos recibindo: enfocados a oposicións haberá cursos sobre a Constitución, o Estatuto e os niveis celga 3 e 4 en galego. Haberá tamén cursos de preparación aos idiomas francés e inglés, pero tamén á linguaxe de signos, na procura dun Foz máis inclusivo. Pensamos nunha sociedade equilibrada, xusta e en igualdade e o programa contén un curso de mediación para a prevención ao maltrato, así como de monitores de tempo libre para ofrecer máis oportunidades laborais desde o Concello a través da UNED. Hai posibilidades de aumentar a oferta de cursos formativos: niso está a traballar a coordinadora, á que teño que agradecer a súa gran implicación.”
A coordinadora da Aula Universitaria de Foz explica que “o empeño por facilitar á sociedade focense en particular e á de España, Europa e Iberoamérica en xeral espazos dixitais de crecemento cultural e científico, e de promover e difundir os fundamentos da cultura científica, ofrecer un amplo catálogo de actividades culturais, conferencias e cursos.
As actividades levadas a cabo en Extensión Universitaria pretenden, a través do emprego de ferramentas TIC como canal de difusión, promover a utilidade social e formativa do coñecemento cultural, científico e tecnolóxico, contribuíndo deste xeito ó mantemento da relación entre sociedade e universidade e á xeración dunha dinámica de intercambio entre a comunidade universitaria e os cidadáns mellorando a calidade de vida destes.”
O prazo de inscrición para os cursos está aberto e prolongarase ata o 21 de outubro de 2022. O alumnado tamén poderá matricularse nos graos, masters, doutoramentos e curso de acceso para maiores de 25 e 45 anos que ofrece a Aula Universitaria de Foz, que este curso incorpora tres novas titulacións: Educación Infantil, Enxeñaría da Enerxía e Ciencias Ambientais.
Os interesados poden obter máis información na secretaría da UNED-Aula Universitaria de Foz, sita no IES de Foz ou nos teléfonos 982.133.699 e 604.034.549 ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es.