Site icon Crónica3.com A Mariña

A Sociedade Cultural Ledicia retoma o ritmo habitual da escola de baile e música tradicional

A sección infantil da escola participou este venres na Semana da Mobilidade que promove o Concello de Burela, realizando un ensaio aberto na Praza da Mariña. As clases de gaita e percusión comezarán a primeiros de outubro; as persoas interesadas en participar en calquera das modalidades (baile, canto, pandereta, percusión e/ ou gaita) poden contactar a través do mail lediciascr@gmail.com ou nos teléfonos 696 22 33 04 (Idara) 666955578 (Sonnia) ou 667502767 (Sofia). Tamén no mes de outubro agárdase reiniciar os cursos de bordado e encaixe de bolillos, máis info no 616995097 (Rocío)

Exit mobile version