Xove, 14 de setembro, 2022. O 21 de setembro é o Día Mundial do Alzhéimer. A Residencia San Bartomeu de Xove celebra durante estes día o mes do Alzheimer cunha serie de actos, entre os que destaca o celebrado este mércores na Praza do Concello que contou coa asistencia dun grupo de residentes ao que se sumou numeroso público. Durante o mesmo fíxoselle entrega ao Concello dunha árbore Ginko Biloba xunto coa súa placa identificativa.
A Ginko Biloba é unha árbore coñecida como árbore da memoria, xa que ten numerosas propiedades que facilitan a protección neurolóxica, e ten tamén fortes compoñentes antioxidantes.
No acto pediuse seguir investigando esta enfermidade e afondando noss posibles tratamentos que poida ter.