O colectivo sanitario axudará na redacción de reclamacións ás persoas que precisen e nesta ocasión tamén fará unha recollida de sinaturas en apoio á ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria promovida por SOS Sanidade Pública. Esta iniciativa precisa da recollida dun mínimo de dez mil sinaturas para poder ser debatida no Parlamento, e contempla medidas tan importantes como a dotación de persoal, garantir a presencialidade na atención primaria ou recuperar as xerencias de primaria propias.
Desde o colectivo animan a todas as veciñas e veciños a que se acheguen ata o centro de saúde de Ribadeo para apoiar esta iniciativa e lograr deste xeito recuperara calidade asistencial na Atención Primaria.