Elva Carrera explicou que, trala sinatura do convenio entre as dúas institucións, o Concello está avanzando na tramitación do contrato co obxectivo de comezar canto antes cos traballos de pavimentación, que se centrarán nun acceso moi deteriorado a unha vivenda en Gueimonde e noutros dous treitos que dan servizo ás aldeas de Paraxes e Os Goritos, continuando así coas melloras da rede viaria municipal que o Concello ven desenvolvendo nas parroquias do municipio.
As actuacións, financiadas a través dun convenio interadministrativo entre as dúas institucións, incluén a reposición do firme en cinco pistas e ramais, que suman máis de 2,5 quilómetros de lonxitude e que son de uso habitual por turismos e maquinaria. A renovación farase con capa de mezcla asfáltica en quente ou rego asfáltico, segundo as necesidades de cada tramo, e realizarse tamén unha limpeza das cunetas.
As obras suporán un investimento total de 135.819,94 euros distribuídas entre esta anualidade e a vindeira.