Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola Municipal de Música de Burela, comeza este novo curso con actividades

O pasado xoves visitaba os centros escolares da localidade para ofrecer sendos concertos didácticos ao alumnado burelés. O primeiro concerto foi ofrecido ás 11.00h no CEIP Virxe do Carme, e ás 12.15h no CEIP Vista Alegre, ambos para os alumnos de infantil e primaria. Ambos concertos foron didácticos e neles amosáronse os instrumentos da familia de vento madeira coma o saxofón, a frauta e o clarinete, instrumentos de vento metal coma a trompeta e o trombón e tamén outras familias coma a de percusión e a corda punteada (guitarra). Este concerto foi ofrecido polos profesores que imparten clase na escola municipal de música de Burela.

Exit mobile version