Trátase dunha iniciativa na que participan máis de 300 radios municipais e comunitarias de todo o estado. Chámase Onda ODS e comezará cun espazo en directo desde o castelo de Santa Cruz, en Oleiros, este xoves 15 de 9 a 11 da mañá. Un dos participantes será o concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030 de Foz, Carlos García.