Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación participa na XVII Festa das Persoas Maiores de Xermade

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres xunto ao Deputado de Participación Cidadá e Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na XVII Festa das Persoas Maiores deste municipio chairego. Un encontro que comezou cunha misa na igrexa parroquial, seguida da actuación dun grupo musical na praza do Concello. Logo celebrouse a tradicional comida e pola tarde houbo baile e o recoñecemento ao home e a muller de maior idade con entrega de agasallos, actos nos que participou o Deputado.

Exit mobile version